listas

Listas: 10 cancións en galego que soan de carallo

Teredes que desculparme os non galego-falantes, pero esta entrada tiña que escribila en galego. Hoxe é o Día das Letras Galegas, ou o que é o mesmo, o aniversario da publicación de «Cantares Gallegos», de Rosalía de Castro, en 1863, o primeiro libro publicado en galego. Na música galega cada vez son máis os que deciden empregar o galego nas súas letras, xa sexa puntualmente ou en todas as súas cancións. Aquí van uns cantos exemplos

  1. Xoel López – A Serea e o Mariñeiro

Dende que comezou na música coa Elephant Band ou Deluxe, Xoel López sempre tivo moi presente á súa terra. «A Serea e o Mariñeiro» é xa un dos clásicos do seu repertorio. Neste video dun concerto acústico en Granada, acompañado de Miguel Rivera (Maga) e Charlie Bautista, Xoel ensínalles ós presentes a cantar «coma un soño ela chegou».

2. Terbutalina – Ninguén Che Quere

Entre Muros e Noia xurdiu esta banda de garaxe punk que xa é referente na música galega. Con «Al Otomano Se le Va la Mano» (2015) deron o salto definitivo a festivais e salas de toda Galicia e España.

3. Malandrómeda – Bótalle Caldo (Cumbia Malandra)

Con dous álbumes, «Cada Can que Lamba o Seu Carallo» e «Os Corenta e Oito Nomes do Inimigo», acadaron o título de Disco Nacional do Ano 2016 para a prestixiosa revista Rockdelux. Malandrómeda soan como o farían os Beastie Boys despois de tomar unha taza de caldo e un licor café.

4. Triángulo de Amor Bizarro – A Cantiga de Juan C

Os Triángulo de Amor Bizarro xa non precisan presentacións. Dende que debutaron en 2007 con «Triángulo de Amor Bizarro», a banda de Boiro (máis concretamente da aldea de Abanqueiro, como lles gusta matizar) converteuse nun referente da escena indie nacional. Esta é a súa versión en galego do clásico «The John B Sails», que xa versionaran The Beach Boys no seu álbum «Pet Sounds» (1966).

5. Samarúas – NØN

Despois de varios anos dando concertos, os Samarúas debutaron este ano con «Prólogo» (2018). Chegados da Costa da Morte, esta banda de folk contemporáneo mezcla tradición con modernidade, como fan neste tema que adapta un poema de Celso Emilio Ferreiro.

6. De Vacas – Amodiño

Coas suas versións de temas moi coñecidos en galego e facendo gala do humor en cada adaptación, De Vacas supuxeron un novo aire fresco na música galega. A súa versión do trillado «Despacito», rebautizada como «Amodiño», fíxose viral nas redes.

7. Ataque Escampe – Papá Borracho

Son unha das bandas máis veteranas do pop en galego con seis discos publicados. «Primeiros Bicos» (2017) supón un pequeno cambio no estilo do grupo, que agora pode recordar a bandas como Extraperlo ou á tropicalidade de El Guincho.

8. The Homens – Calamar

Desaparecidos en 2011, The Homens inspiraron a outras bandas que viñeron detrás para facer música pop en galego. Ademais deixáronnos videoclips como o de «Calamar», unha verdadeira xoia de animación.

9. Guadi Galego – Fronteiras

Ata 2008 foi gaiteira, vocalista e pianista en Berrogüetto, pero dende entón emprendeu unha carreira en solitario que a converteu nunha das voces máis recoñecibles da música galega. Xunto con voces como a de Sés encabeza unha xeración de mulleres que apostan pola música feita en galego.

10. Os Resentidos – Galicia Sitio Distinto

Os Resentidos adiantáronse ó seu tempo. «Galicia Sitio Distinto» podería ser unha peza de videoarte (ollo co video), pero ademais é unha letra que resume boa parte dos estereotipos sobre Galicia. Foron pioneiros no uso do galego na música, é son recordados como un dos fitos na música galega xunto coa xeración Xabarín que viría anos despois.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos
Responsable Juan José Conde Fernández +info...
Finalidad Gestionar y moderar tus comentarios. +info...
Legitimación Consentimiento del interesado. +info...
Destinatarios No se cederán datos a terceros, salvo obligación legal +info...
Derechos Acceder, rectificar y cancelar los datos, así como otros derechos. +info...
Información adicional Puedes consultar la información adicional y detallada sobre protección de datos en nuestra página de política de privacidad.